Abella Producións transforma Vigo na capital do cinema galego e lusófono

Aberta a convocatoria para Pontes - Semana do Cinema Galego e Portugués. Vigo acollerá en outubro dous grandes eventos sobre cultura e cinema lusófono.

Abella Producións trae a Vigo a 5ª edición do PONTES – Semana do Cinema Galego e Portugués, que se celebrará do 7 ao 11 de outubro no Museo MARCO. A produtora tamén organizará o encontro profesional Impulsa Cine – Encontro de redes galegas e lusófonas de cinema, que se desenvolverá no mesmo espazo.

Tamén están abertas a convocatoria de películas para o Festival PONTES – Semana do cinema galego e portugués, que se celebrará do 7 ao 11 de outubro na cidade de Vigo. As inscricións poden realizarse de forma gratuíta a través da plataforma Festhome e están abertas a curtametraxes e longametraxes de Galicia e dos países de lingua portuguesa.

PONTES non é só un festival de cinema: é un espazo de encontro entre culturas irmás, unha ponte que conecta Galicia co Brasil, Portugal, Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guiné-Bissau, São Tomé e Príncipe e Timor-Leste. O proxecto afírmase como unha referencia na Galicia para o cinema lusófono, cunha programación que inclúe películas inéditas, debates, actividades formativas e espazos de cooperación.

Paralelamente, terá lugar o Impulsa Cine – Encontro de redes galegas e lusófonas de cinema, que reunirá produtoras, distribuidoras, institucións culturais e cineastas de Galicia, Brasil, Portugal, Angola e Mozambique. Durante cinco días, o MARCO de Vigo será o epicentro do audiovisual atlántico, cunha programación orientada á formación, coprodución e visibilización de novos proxectos.

Abella Producións continúa así o seu compromiso coa internacionalización do cinema galego e coa difusión das cinematografías lusófonas, creando pontes reais para o intercambio cultural e profesional.

🔗 Inscricións abertas:
https://filmmakers.festhome.com/festival/pontes-semana-do-cinema-galego-e-portugues