14 estreas galegas e 5 españolas achegaranlle ao público as últimas pezas de cineastas provintes de países como Suecia, Líbano, Arxentina, Alemaña, Brasil, Grecia ou Colombia, nunha edición na que prima o cine iberoamericano e aumentan a presenza xéneros como a animación, o documental e a comedia

Os galegos Fon Cortizo, Xaime Miranda e Fran Rodríguez formarán parte da Sección Oficial; mentres que Blanca Navarrete, Antía Rodeiro, Diego R. Aballe, Xosé Dopazo, Alba Domínguez, Nuria Vil, Carlos Calvar e Paula Pereira son os creadores e creadoras que integran a sección GZ_00

O FICBUEU, como medida de presión ante o xenocidio en Gaza decide un ano máis deixar fóra do proceso de selección ás curtas israelitas financiadas polo goberno de Israel


Público na pasada edición do festival

O Festival Internacional de Cinema de Bueu, que se celebrará entre os próximos 5 e 20 de setembro, presenta hoxe a programación da súa Sección Oficial. “Unha heteroxénea escolma de 28 filmes con marcado carácter autoral”, segundo o seu codirector, Manuel Pena. Cómpre destacar que dentro das curtametraxes que conforman a Sección Oficial desta edición, tres son de cineastas galegos: ABELLÓN, de Fon Cortizo; HIPPOCAMPUS, de Xaime Miranda; e PATIOS DE LUZ, de Fran Rodríguez, posicionándose as tres como o mellor cine en formato curto do último ano a nivel internacional.

O conxunto de miradas que integran esta selección reflicten moitas das problemáticas máis latentes na sociedade actual, presentando unha diversa panorámica tanto no xeográfico como nos protagonistas de cada unha delas. Trátase dunha selección dos filmes máis destacados do ano dos que 5 se poderán ver por primeira vez en España, 14 por primeira vez en Galicia.

Tanto María Ruiz-Falcó como Manuel Pena, programadores da sección e directores do evento, manifestan un incremento notable na presenza de filmes iberoamericanos. Falcó destaca tamén “a marcada presencia da animación, o documental e unha maior representación da comedia”.

Os filmes que se poderán ver por primeira vez en Galicia serán: 2006, de Gabriella Choueifaty (Francia, Líbano); EN HJÄLTES DÖD, de Karin Franz Körlof (Suecia); ESTE NO ES TIEMPO PARA CARNAVAL, de Tadeo Pestaña Caro e Kevin Havas (Arxentina); ROSE, de Annika Mayer (Alemaña); O, de Rúnar Rúnarsson (Islandia, Suecia); THE CAR THAT CAME BACK FROM THE SEA, de Jadwiga Kowalska (Suíza); HELLO STRANGER, de Amélie Hardy (Canadá); THE EGGREGORES’ THEORY, de Andrea Gatopoulos (Italia); AMARELA, de André Hayato Saito (Brasil); DOMINGO FAMILIAR, de Gerardo Del Razo (México); FURIA, de Fran Moreno Blanco e Santi Pujol Amat (España); BAD FOR A MOMENT, de Daniel Soares (Portugal); 400 CASSETTES, de Thelyia Petraki (Grecia, Alemaña) e EL BANNER, de Tomás Terzano (Arxentina, España). Algúns dos temas principais que abordan estas pezas son a precariedade laboral, a invisibilidade da violencia doméstica e no ámbito familiar, a identidade ou a inmigración.

Pola súa banda, as estreas españolas serán: HOUSEWARMING, de Liam White (Reino Unido); MOON LAKE, de Jeannie Sui Wonders (Estados Unidos); 1 HIJO & 1 PADRE, de Andrés RamÍrez Pulido (Colombia, Francia); LINNUD LÄINUD, de Anu-Laura Tuttelberg (Estonia, Lituania); e HIMMEL WIE SEIDE. VOLLER ORANGEN, de Betina Kuntzsch (Alemaña).

O FICBUEU, como medida de presión ante o xenocidio en Gaza e por segundo ano consecutivo, decidiu deixar fóra do proceso de selección ás curtas israelitas financiadas polo goberno de Israel.

Listaxe completa da Sección Oficial

• ABELLÓN | Fon Cortizo - España (Galicia) - 2024
• SHADOWS | Rand Beiruty - Francia, Xordania - 2024
• 2006 | Gabriella Choueifaty - Francia, Líbano - 2024
• PERCEBES | Alexandra Ramires, Laura Gonçalves - Portugal, Francia - 2024
• EN HJÄLTES DÖD | Karin Franz Körlof - Suecia - 2024
• HIPPOCAMPUS | Xaime Miranda Méndez - España (Galicia) - 2024
• TAKO TSUBO | Eva Pedroza, Fanny Sorgo - Austria, Alemaña - 2024
• ESTE NO ES TIEMPO PARA CARNAVAL | Tadeo Pestaña Caro, Kevin Havas - Arxentina - 2025
• ROSE | Annika Mayer - Alemaña - 2024
• HOUSEWARMING | Liam White - Reino Unido - 2024
• PATIOS DE LUZ | Fran Rodríguez Casal (Galicia) - España - 2024
• MOON LAKE | Jeannie Sui Wonders - Estados Unidos - 2024
• O | Rúnar Rúnarsson - Islandia, Suecia - 2024
• THE CAR THAT CAME BACK FROM THE SEA | Jadwiga Kowalska - Suíza - 2023
• HELLO STRANGER | Amélie Hardy - Canadá - 2024
• THE EGGREGORES’ THEORY | Andrea Gatopoulos - Italia - 2024
• CAMPOLIVAR | Alicia Moncholí - España - 2024
• KE WAI HUO DONG | Xu Yidan, Dean Wei - China - 2024
• 1 HIJO & 1 PADRE | Andrés RamÍrez Pulido - Colombia, Francia - 2024
• AMARELA | André Hayato Saito - Brasil - 2024
• LINNUD LÄINUD | Anu-Laura Tuttelberg - Estonia, Lituania - 2024
• DOMINGO FAMILIAR | Gerardo Del Razo - México - 2025
• FURIA | Fran Moreno Blanco, Santi Pujol Amat - España - 2025
• BAD FOR A MOMENT | Daniel Soares - Portugal - 2024
• EL PRÍNCEP | Àlex Sardà - España - 2024
• HIMMEL WIE SEIDE. VOLLER ORANGEN | Betina Kuntzsch - Alemaña - 2024
• 400 CASSETTES | Thelyia Petraki - Grecia, Alemaña - 2024
• EL BANNER | Tomás Terzano - Arxentina, España - 2025


Asistentes aos coloquios na pasada edición do festival

GZ_OO: o audiovisual galego emerxente máis destacado

Esta é a sección coa que o festival lle dá espazo a filmes de autoras e autores galegos que están comezando a súa carreira e teñen unha proposta artística que merece ser visibilizada e impulsada. O público atopará ficción clásica, curta experimental, ensaio, comedia surrealista, etc. nunha mostra tan diversa como estimulante do que están a facer os novos creadores e creadoras do panorama audiovisual galego.

En O CORPIÑO, Blanca Navarrete e Antía Rodeiro, utilizan a imaxe de arquivo para amosarnos o Santuario da Nosa Señora do Corpiño (Santa Baia de Losón, Lalín), coñecido popularmente como “santuario dos exorcismos”, un dos máis visitados da Galicia interior. Diego R. Aballe narra en MONSTERA a discusión que desata unha planta descoidada durante unha viaxe de negocios; e en HOLDSWORTH, Xosé Dopazo mergullará ao público nunha obra de acción non-stop. DELINCUENTE, de Alba Domínguez e Nuria Vil presenta a La Maradona, líder dunha banda de delincuencia xuvenil do Vigo dos 80, nunha peza visual que rescatan a historia obreira da cidade olívica e a literatura contemporánea. BOCA DE ASNO, de Carlos Calvar, amosa como un tropezo desafortunado pode cambiar o teu futuro e Paula Pereira aborda en ALGO NOVO QUE CONTAR as dificultades de progresar nas relacións.

O festival convidará ás autoras e autores das obras seleccionadas nas seccións Oficial e GZ_00 a participar en sete coloquios. Todos terán lugar de xeito diario tras a proxección das obras e estarán abertos ao público, que poderá achegarse á perspectiva dos creadores e creadoras presencialmente ou por streaming.

Descubertas: o máis vangardista do FICBUEU

A Sección Descubertas está dedicada a dar visibilidade aos traballos máis arriscados e innovadores, cun certo carácter experimental. Nesta 18º edición, o Festival Internacional de Cinema de Bueu proxectará PERFECTLY A STRANGENESS, de Alison McAlpine (Canadá); unha exploración sensorial e cinematográfica do que pode ser unha historia; APOCALYPSE, de Méry Benoit (Francia), na que nun xigantesco festival de metal, a música vaise apoderando pouco a pouco dos metalheads; NEUN TAGE IM AUGUST, de Ella Knorz (Alemaña), a historia dun pai preocupado pola súa filla; ON HOLD, de Delia Hess (Suíza), unha curta episódica e surrealista sobre a absurdeza da vida urbana e a frustración que produce estar paralizado; e [S], de Mario Radev (Reino Unido, Polonia, Bulgaria), unha película que se adentra nun bucle inmersivo de formas orgánicas, reflexionando sobre a natureza enmarañada da vida e da arte.

O Festival Internacional de Cinema de Bueu é un evento organizado pola Asociación FICBUEU que conta co financiamento do Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia (AGADIC) e o Ministerio de Cultura e Deporte (ICAA).