Inician o proceso de creación do Pacto do Río Minho
rbtribuna
A AECT Rio Minho inicia o proceso de creación do Pacto do Río Minho
O acordo permitirá protexer, xestionar e poñer en valor o río como recurso natural, económico e cultural de forma conxunta entre España e Portugal
A AECT Rio Minho vén de reunirse este mércores 13 de agosto en Asamblea Xeral na súa sede situada no municipio luso de Valença do Minho. Durante a xuntanza, estiveron presentes os propios membros da asamblea, así como presidentes da Agrupación, alcaldes e alcaldesas dos concellos e presidentes e membros das Cámaras Municipais, pertencentes á mesma, onde foi tratado o proceso de creación do Pacto do Río Minho.
Con este novo pacto, búscase definir a metodoloxía de traballo, a implicación das entidades relevantes así como a preparación de propostas concretas para a defensa deste curso de auga internacional.
No marco deste debate, reiteráronse problemas estruturais que requiren dunha acción urxente destacando o asolagamento do leito, que compromete a navegabilidade e dificulta a actividade pesqueira; tamén se tratou a problemática da proliferación de especies exóticas invasoras e, no mesmo sentido que o primeiro punto, as consecuencias das variacións de caudal.
En concreto, a Asamblea acordou por unanimidade formalizar as solicitudes ás entidades competentes, concretamente á Comisión Interministerial de Límetes e Concas Hidrográficas Luso-Españolas (CILBH), entidade coa que se mantivo unha reunión o pasado mes.
Alí, foron solicitadas as seguintes cuestións: a inclusión dos temas tratados na axenda da próxima Cimeira Ibérica, a clarificación do marco xurídico e operativo da xestión do río Miño debido ao seu carácter internacional, a formalización de acordos bilaterais que permitan intervencións inmediatas e o reforzo dos mecanismos de gobernanza conxunta e a elaboración dun Plan de Acción Extratéxico que inclúa medidas de seguemento, un plan de dragaxe plurianual, control de especies invasoras e unha xestión sostible do caudal.
O director da AECT Rio Minho, Jose Manuel Vaz Carpinteira, reafirma así a “total dispoñibilidade da agrupación” e afirma que a través de reunións como a mantida coa CILBH búscase “atopar solución aos principais problemas do río como as inundacións ou as especies invasoras tan prologadas no tempo”.