La recta final de Agosto llega en Galicia repleta de conciertos, fiestas y muchos atractivos
rbtribuna

OS CONCERTOS DO XACOBEO ENCHEN DE BLUES VILANOVA DE AROUSA ESTA FIN DE SEMANA CO FESTIVAL VILABLUES
O Vilablues Mar de Santiago encherá dos mellores sons Vilanova de Arousa esta fin de semana co apoio dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia. Así o presentou está mañá en rolda de prensa o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, que recordou que celebrará a súa 10ª edición na vila pontevedresa os días 29 e 30 de agosto.
Como dixo, a cita ten como obxectivo “converter a Ría de Arousa no corazón do blues atlántico, fusionando cultura, música e territorio con tradición, espiritualidade e ritmo, ofertando unha experiencia única na antesala do Camiño de Santiago marítimo-fluvial”, explicou. Recordou, ademais, que se enmarca na máis de trintena de eventos que Turismo de Galicia apoia na provincia de Pontevedra baixo a marca Concertos do Xacobeo.
O festival conta con diversas localizacións espalladas por toda a vila: os Xardíns de Umbrío, o Parque do Cabo, a Igrexa da Pastoriza, a Praza do Parque, o Auditorio do Terrón e a área biosaudable do Terrón. Neles desenvolverase un programa multidisciplinar aberto a públicos de todas as idades, con atardeceres musicais, masterclasses, conferencias, concertos, exposicións, proxeccións, mercado, entre outras.
O cartel artístico está confirmado por destacadas figuras do blues como Shirley Davis & The Silverbacks, The Blues Moonshiners, Los Deltonos, The Pontiaks, Adrian Costa, Mad Martin, Nico Wayne Toussaint, Víctor Fábregas, TT Syndicate, Joe Do & The Blues Preachers e Gisele Jackson.
Como dixo, a cita ten como obxectivo “converter a Ría de Arousa no corazón do blues atlántico, fusionando cultura, música e territorio con tradición, espiritualidade e ritmo, ofertando unha experiencia única na antesala do Camiño de Santiago marítimo-fluvial”, explicou. Recordou, ademais, que se enmarca na máis de trintena de eventos que Turismo de Galicia apoia na provincia de Pontevedra baixo a marca Concertos do Xacobeo.
O festival conta con diversas localizacións espalladas por toda a vila: os Xardíns de Umbrío, o Parque do Cabo, a Igrexa da Pastoriza, a Praza do Parque, o Auditorio do Terrón e a área biosaudable do Terrón. Neles desenvolverase un programa multidisciplinar aberto a públicos de todas as idades, con atardeceres musicais, masterclasses, conferencias, concertos, exposicións, proxeccións, mercado, entre outras.
O cartel artístico está confirmado por destacadas figuras do blues como Shirley Davis & The Silverbacks, The Blues Moonshiners, Los Deltonos, The Pontiaks, Adrian Costa, Mad Martin, Nico Wayne Toussaint, Víctor Fábregas, TT Syndicate, Joe Do & The Blues Preachers e Gisele Jackson.
En palabras do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia non podían faltar nesta singular cita, o Vilablues, “un proxecto que aposta pola promoción dun turismo de calidade e que supón un revulsivo para a dinamización da economía local de Vilanova de Arousa, xerando sinerxías entre hostalería, comercio e cultura, cun retorno económico relevante e inmediato para esta rica contorna”. Merelles quixo convidar, tamén, a todos os públicos, locais e visitantes, a gozar dunha cita que é “unha reunión de confraternidade entre artistas e público, fusionando cultura, lecer e turismo de calidade, nun cruce único de tradición, música e natureza”.
Como dixo, a Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais a través dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que dá cobertura a todas as grandes e máis singulares citas e espectáculos musicais en 2025.
Máis de 800 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitarán neste 2025 os Concertos do Xacobeo. A aposta pola calidade e a diversidade de gustos e estilos para diferentes xeracións de públicos constitúe un atractivo único programa, que un ano máis propón 12 meses de música en directo, favorecendo o turismo e a oferta cultural de xeito deslocalizado ao longo de todo o ano. O programa completo está recollido na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal.
Proxectaranse na carpa-museo, na que tamén se inclúen exposicións do Museo do Mar, Culturmar e do Ateneo Corredoira.
A Festa do Mar inclúe un ciclo de curtas en colaboración coa Asociación Museo do Mar de Marín
Inclúe “Chelito”, de Carlos Prado, e “Mexillonaria”, de Pablo Chouza, premios do público Polbo de Ouro e do xurado Sardiña de Ouro no Festival Cine do Mar marinense.
Entre o xoves e o domingo, de 12.30 a 13.30 horas e con acceso gratuíto.
Unha das novidades desta edición da Festa do Mar, que se celebra en Combarro entre o xoves e o domingo, será o ciclo de Cine do Mar que, en colaboración coa Asociación Museo do Mar de Marín, se proxectará cada día na carpa-museo situada na Praza da Chousa. Unha colaboración que, segundo explica o alcalde de Poio, Ángel Moldes, evidencia que esta festa é cada edición máis participativa para conseguir que sexa o mellor escaparate da cultura mariñeira e dun dos sectores produtivos máis importantes do municipio.
Así, entre o xoves e domingo, de 12.30 a 13.30 horas proxectaranse curtas relacionadas coa temática do mar. Abrirán o ciclo “Danza o Batalla”, de Danilo H. Galgano; “Lagun”, de Juan Larrañaga; e “El señor de las ostras”, de Manuel Palenzuela. O venres será a quenda de “Remar”, de Adán Aguilar, e “Nika el calderón tropical”, de José Hernández e Felipe Ravina. “Testemuñas dunha illa”, de Borja Duarte, Elian Mercedes e Guillermo Artero, e “Voces do Mar”, de Javier Lorenzo, proxectaranse o sábado, día 30.
O ciclo de Cine do Mar rematará o domingo coa proxección das curtas “Chelito”, de Carlos Prado, e “Mexillonaria”, de Pablo Chouza. No primeiro caso, distinguido co premio do público Polbo de Ouro no Festival de Cine do Mar de Marín, narra en 21 minutos a historia dunha adolescente embarazada, que segue os pasos da súa nai para converterse en peixeira na Coruña para manter á súa filla. É unha das praceiras máis famosas e veteranas da cidade. “Mexillonaria”, premio do xurado Sardiña de Ouro, é unha curtametraxe de 15 minutos sobre a muller mariñeira e a ecoloxía na ría de Arousa.
O obxectivo de Cine do Mar é promover a valoración do mar como ecosistema e a concienciación medioambiental, así como a dignificación dos oficios relacionados co mar e o recoñecemento das persoas vinculadas ao mar.
Ademais desta actividade, na carpa museo tamén se poderán visitar exposicións sobre a cultura mariñeira. En colaboración con Culturmar inclúese a exposición fotográfica “No centro do Mar", do autor Eduardo Rivo, con motivos mariñeiros e embarcacións tradicionais galegas. En colaboración con Opmega e co Consello Regulador do Mexillón de Galicia, colocaranse dúas maquetas de bateas, e tamén repetirase colaboración co Museo do Mar de Galicia, para que veciños e visitantes poidan ver en Combarro unha selección das súas pezas: maquetas de barco, utensilios de pesca e, nesta edición, unha sección especial sobre salvamento e telecomunicacións. Por último tamén poderase visitar unha exposición de fotografía antiga, seleccionada pola asociación Ateneo Corredoira de Combarro.
Todo elo dará contido a unha das claves da Festa do Mar de Combarro, que é amosar o orgullo de Poio coa xente do mar e poñer en valor toda a cultura e tradición mariñeiras do municipio. Unha tradición que se mesturará tamén con gastronomía, sesións vermú, música en directo con concertos de gran nivel e propostas para o público infantil.