Turismo xacobeo : Poio recibió máis de 35.000 peregrinos en 2024
rbtribuna
Rocío Cochón visita os traballos de ampliación do Albergue ‘Nuestra Señora del Camino’, en Casalvito, xunto á directora Carmen Fuentes e varios hóspedes, e destaca o potencial económico e social das Variantes Xacobeas cun turismo “de calidade, internacional, desestacionalizado e sostible”.
Subliña o gran crecemento das dúas rutas que atravesan Poio, reflectido na ampliación deste establecemento pioneiro e na próxima apertura de alomenos un novo albergue no municipio.
Salienta iniciativas como o Punto de Atención ao Peregrino, que estará en funcionamento antes de rematar o ano: “Seguimos traballando para apoiar aos emprendedores, acoller aos visitantes e facer de Poio o mellor lugar para vivir, visitar e investir”.
O Concello de Poio reafirma a súa aposta polo turismo xacobeo como un dos eixes da súa estratexia turística e, cada vez máis, como motor de desenvolvemento económico e social en pleno crecemento.Así o destacou a concelleira de Turismo, Rocío Cochón, durante unha visita ao Albergue ‘Nuestra Señora del Camino’, en Casalvito, donde comprobou os traballos de ampliación deste establecemento acompañada da súa directora, Carmen Fuentes, e conversou con algúns dos peregrinos alí aloxados.
Ademais dunha opinión moi positiva, a maioría dos peregrinos explicaron que decidiran realizar unha das variantes que atravesan Poio por recomendación doutros peregrinos, tanto en orixe como durante o propio camiño, constatando que o tramo de Poio tén unha excelente reputación dentro da comunidade de persoas que fan o Camiño, o que explica en parte o crecemento exponencial deste tipo de turismo.
Así, Cochón destacou que, segundo os datos recollidos pola Mancomunidade do Salnés, Poio recibiu o pasado ano a 35.000 peregrinos, 23.900 na Variante Espiritual e 11.700 pola Ruta do Padre Sarmiento, unhas cifras “impensables hai uns anos” e que falan do inmenso potencial económico e social en torno ao Camiño con turismo “de calidade, internacional, desestacionalizado e sostible”.
“Os peregrinos forman parte xa da paisaxe de Poio e deixan unha gran pegada. Comen, dormen e compran no noso concello, e fano durante todo o ano, non en tempada alta”, subliñou. De feito, os meses centrais do verano hai menos afluencia de camiñantes, polo que son datas idóneas para realizar melloras.
UN ALBERGUE PIONEIRO, EXEMPLO DE EMPRENDEMENTO FEMININO AO REDOR DO CAMIÑO
A responsable de Turismo puxo como exemplo o albergue que fundou e dirixe Carmen Fuentes, pioneiro no municipio. Aberto en 2021, durante a pandemia do COVID, foi o primeiro establecemento en dar este servizo aos peregrinos e actualmente está acometendo unha mellora e ampliación de habitacións e lugares comúns.
No que vai de ano, leva acollido a máis de 1.200 peregrinos neste “fogar lonxe do fogar” ao pé do Camiño, en Casalvito, e é un exemplo de emprendemento feminino e de aproveitamento das posibilidades que ofrecen as variantes xacobeas. Ademais, “abriu camiño”, xa que nos próximos meses entrará en funcionamento alomenos un novo albergue de iniciativa privada.
POIO, O MELLOR LUGAR PARA VIVIR, VISITAR E INVESTIR
Cochón resaltou o apoio que se brinda desde o Goberno local aos emprendedores que decidan crear riqueza e emprego ao redor do Camiño, ademais de garantir a mellor experiencia aos peregrinos que pasen por Poio.
“Aínda que Poio non é actualmente unha das ‘paradas’ nas Variantes, cada vez máis camiñantes elixen quedarse a descansar e desfrutar de todo o que temos que ofrecer”, explicou Cochón, recordando tamén que despois de descubrir o municipio facendo o Camiño, moitos peregrinos volven como visitantes convencionais para pasar uns días con familias e amigos.
Neste sentido, destacou as distintas iniciativas impulsadas polo Concello para reforzar o atractivo do municipio como destino xacobeo, como a próxima posta en marcha do Punto de Atención ao Peregrino, que estará operativo antes de que remate o ano, a mellora da sinalización das rutas ou a Campaña ‘No Bo Camiño’.
“Seguimos traballando para apoiar aos emprendedores, acoller aos visitantes e facer de Poio o mellor lugar para vivir, visitar e investir”, concluiu.