Volve o cinema na praia do FICBUEU
rbtribuna
O Festival Internacional de Cinema de Bueu ofrecerá dúas sesións gratuítas na Praia de Bueu (Banda do Río), nas que se proxectarán algunhas das mellores curtametraxes das súas últimas edicións.

Público na pasada edición do festival
O Festival Internacional de Cinema de Bueu, que se celebrará entre os próximos 5 e 20 de setembro, retomará mañá venres 22 de agosto as súas proxeccións na praia da vila (Banda do Río) cunha actividade organizada coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
As proxeccións estarán organizadas en dúas sesións: unha con filmes recomendados para todos os públicos, a partir das 22:00 horas; e unha segunda, ás 23:00 horas, na que se exhibirán curtametraxes destinadas a maiores de 16 anos.
A organización suxire que o público que asista cadeiras, mantas, toallas ou outros elementos para garantir a súa comodidade durante os pases de curtas no areal.
Mentres o Festival Internacional de Cinema de Bueu se prepara para acoller aos asistentes á súa 18ª edición, esta será unha oportunidade única para gozar das últimas novidades do mellor cinema de autor a través dunha coidada selección de curtametraxes.
O Festival Internacional de Cinema de Bueu é un evento organizado pola Asociación FICBUEU que conta co financiamento do Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia (AGADIC) e o Ministerio de Cultura e Deporte (ICAA).