101 años con excelente salud y memoria intacta...
rbtribuna
Antonia García Valladares, “Tucha”, cumpriu esta fin de semana 101 anos e recibiu a visita do alcalde de Vilaboa e do secretario xeral do PSOE na provincia de Pontevedra, para felicitala pola efeméride e para coversar con ela durante un rato, dado que desfruta dunha excelente saúde e dunha memoria intacta.
“Tucha” é unha das militantes socialistas máis veteranas de toda España. Non obstante, ela mesma volveu explicar que afiliouse ao PSOE para cumprir a promesa que lle fixo ao seu pai, represaliado polo franquismo e activo militante e defensor da Democracia.