Fotograma de THE EGGREGORES’ THEORY de ANDREA GATOPOULOS,
curtametraxe gañadora do Primeiro Premio

Palmarés FICBUEU 2025


O Xurado Oficial, de carácter internacional e encargado de entregar o Primeiro Premio, o Premio á Mellor Curtametraxe Galega e o Premio á Mellor Curtametraxe Española estivo formado pola productora e xestora cultural Beatriz Hernández, o cineasta e docente Eloy Domínguez Serén e o programador Massimo Ianetti.

As Xurado Descubertas foron a xestora cultural e programadora María Juárez, a compositora musical e deseñadora Elba Fernández e o cineasta, crítico e tradutor Xavier Montoriol. Os tres escolleron o premio á Mellor Curtametraxe Descubertas, á Mellor Curtametraxe de GZ_00 e á Mellor Curtametraxe de Escolas de Cinema Internacionais.




Xurado Oficial e Xurado Descubertas | © Prolight Estudio

As películas premiadas son as seguintes:

> Primeiro premio: THE EGGREGORES’ THEORY de ANDREA GATOPOULOS.
Nesta categoría, o xurado decidiu concederlle unha mención especial a PERCEBES, DE ALEXANDRA RAMIRES E LAURA GONÇALVES. (A argumentación do xurado coñecerase a última hora da tarde)*

> Premio mellor curtametraxe galega: ABELLÓN de FON CORTIZO. (A argumentación do xurado coñecerase a última hora da tarde)*

> Premio mellor curtametraxe española: CAMPOLIVAR de ALICIA MONCHOLÍ. (A argumentación do xurado coñecerase a última hora da tarde)*

> Premio do público. (A argumentación do xurado coñecerase a última hora da tarde)*

> Premio á mellor curtametraxe Descubertas: ON HOLD de DELIA HESS. Pola súa forma de condensar nunha imaxe poética unha situación cotiá de espera e mergullarnos con sinxeleza nun ritmo propio.

> Premio á mellor curtametraxe GZ_00: ALGO NOVO QUE CONTAR de PAULA PEREIRA. Por facer da escoita unha ferramenta narrativa que potencia o relato e por xerar unha intimidade coa forma de filmar os seus personaxes.

> Premio á mellor curtametraxe de Escolas de Cinema Internacionais: CROW MAN de YOHANN ABDELNOUR. Pola complexidade das emocións que reflicte nun curto espazo de tempo, encapsulando negación, rabia, tristeza e aceptación a través dun trato tenso e cunha forma delicada.

> Premio á mellor curtametraxe de Escolas de Cinema Galegas: PRAZA DO PUNTO de AIRA PORTOS REY. Pola súa exquisita proposta estética e polo orixinal uso da montaxe que dan como resultado unha peza documental innovadora.

O Festival Internacional de Cine de Bueu é un evento organizado pola Asociación FICBUEU que conta co financiamento do Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia (AGADIC) e o Ministerio de Cultura e Deporte (ICAA).






Alicia Moncholí, Fon Cortizo e Paula Pereira durante o seu paso polo FICBUEU | © Prolight Estudio