Un avión de la United Airlines
-----

El Gobierno gallego está muy contento por establecimiento de un vuelo directo entre Santiago de Compostela y Nueva York. Tan contentos están que han reflexionado en voz alta...

O anuncio da compañía United Airlines para a posta en marcha dun novo vó directo entre Santiago e Nova York é un paso histórico que reforza a posición de Galicia como destino internacional e consolida a planificación do Goberno galego de promoción con Estados Unidos como mercado prioritario, ao tempo que fortalece o noso posicionamento e abre novas oportunidades económicas.
En decisións coma esta tivo unha importante contribución a promoción en orixe realizada pola Xunta de Galicia neste mercado que supuxo o alto interese do destino Galicia entre os estadounidenses. De feito, nun momento no que o turismo internacional supón o 30% dos turistas que nos visitan, ata agosto deste ano 156.149 estadounidenses visitaron Galicia, un 13,4% máis que o mesmo período de 2024 e un 73% máis que en 2022, cando nos visitaron 90.012 estadounidenses tamén nos oito primeiros meses do ano.
EEUU é o primeiro mercado internacional en termos de gasto total en Galicia, e tamén o primeiro no que atinxe ao gasto medio diario que se sitúa en 296 euros entre xaneiro e agosto deste ano, cifra superior á do anterior 2024 -cando se situaba en 222 euros- e superior tamén á media do turista internacional na comunidade -con 151 euros por persoa e día neste caso-.
Precisamente, este é un mercado fundamental nas accións de internacionalización durante este 2025 e así se recolle no plan de promoción de Turismo de Galicia 2025, no que se invisten 13M€.
A aposta de United Airlines reforza a posición da Xunta de Galicia en canto a promoción do destino nos mercados de orixe como estratexia para favorecer a chegada de turistas estranxeiros.
Trátase dunha decisión relevante para avanzar na conexión de Galicia con Norteamérica, nos dous sentidos. Agardamos que o Goberno central e AENA traballen para reforzar con outras conexións, nacionais e internacionais, os tres aeroportos galegos.