A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático visitou a antiga sede de Conservera Gallega, no marco do retiro anual que o Executivo galego celebra este ano no concello pontevedrés de Meis

A XUNTA INVESTIRÁ 2 M€ EN 2026 EN HABILITAR O CAMIÑO DO LITORAL PARA UNIR A GALICIA COSTEIRA DE NORTE A SUR E POÑER EN VALOR TODO O SEU PATRIMONIO

— A senda, de 1.300 quilómetros e dividida en 52 etapas, poderá percorrerse desde Ribadeo ata A Guarda, a pé, e de Ribadeo ata Tui, en bicicleta

— A posta en marcha desta iniciativa é a antesala doutras actuacións que está a preparar o Executivo galego de cara ao vindeiro Xacobeo 2027

— Os traballos de deseño e colocación dos sinais indicativos do Camiño do litoral contan cun orzamento de 200.000 euros e as tarefas para acondicionar os distintos tramos e dar continuidade a todo o percorrido suman outros 1,7 millóns de euros

— Ángeles Vázquez salienta que o próximo ano tamén se lanzará a aplicación Conecta litoral para que os usuarios poidan coñecer en cada etapa os elementos de interese cultural, natural ou turísticos existentes na contorna

— A Administración autonómica tamén apostará por adquirir terreos na franxa costeira co fin de convertelos en refuxios e potenciar a súa conservación, na liña do que se está a facer para incrementar a superficie de titularidade pública nos parques naturais, como nas Fragas do Eume