14 de Diciembre : al final, berberechos en la mesa y exaltación en Noia...
Contra ventos e mareas vermellas, ao final, a VIII Exaltación do Berberecho de Noia foi neste fin de semana un éxito; é a oitava edición da festa gastronómica dedicada a promover o berberecho como emblema da ría de Muros-Noia, en Galicia. Organizada pola Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia e o Concello, este evento anual destaca a calidade excepcional deste molusco bivalvo (Cerastoderma edule), recolectado de forma artesanal e sostible nos bancos marisqueiros da zona.
O programa previsto para 2025, o programa inicial incluía:Visita aos bancos marisqueiros e un showcooking polo chef Pepe Vieira (con estrela Michelin) o xoves 6 de novembro; Ruta de tapas "Vai de Tapas" nos establecementos hostaleiros, e Degustación popular o domingo 9 de novembro na Alameda, con empanada, arroz con berberecho e bebida.
Pois ben, a festa foi aplazada debido á presenza de toxina (biotoxina marina) detectada nos bancos marisqueiros, o que impedía garantir stock suficiente de produto seguro. Esta decisión anunciouse a principios de novembro de 2025, afectando tamén á ruta de tapas. Ata que chegou a data actual (14 de decembro de 2025), despois de que as condicións mellorasen.
O berberecho de Noia é coñecido polo seu gran tamaño, sabor intenso e sustentabilidade: a confraría xestiona máis do 70% do berberecho comercializado en Galicia, cunha marca colectiva que garante orixe, pesca artesanal e calidade óptima. É un pilar económico para máis de 1.500 familias na zona e un referente gastronómico, valorado por chefs como Pepe Vieira, Alberto Chicote ou os irmáns Torres.
------------
En las fotos que siguen : momentos de la Fiesta gastronómica de este domingo en Noia, donde vemos, entre otros, a responsables del Departamento de Pesca de la Xunta de Galicia delante de los manjares elaborados con los berberechos de Noia...



