O Presidente do Parlamento de Galicia e unha representación do Goberno galego asistiu hoxe ao acto de Translación do Apóstolo Santiago. En concreto, asistiron o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue; e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.