Luces y sombras de Compostela
LUCES E SOMBRAS DE COMPOSTELA
O espiritual reconforta o peregrino.
O natural nos impresiona pola súa beleza.
O feito de andar cura os males do corpo.
O intelectual abrirache as portas da cultura.
E a meta… atoparala o final do desafío, en Compostela.
Sete son as rutas xacobeas.
Temos pois sete motivos para abrir a porta de gloria na cidade universal. Pero…
Rachemos cos tópicos enxebres en base a diversidade cultural do novo milenio, a que nos regala a palabra dos novos poetas e nos amosa os símbolos naturais da tribu da actualidade.
Deixate pois da choiva namorada do noso Santiago e contempla a maravilla que provoca a luz das fermosas raioliñas ou a do vello fanal urbán; eso sí, fuxe das sombras negras.
Quero dicir, camiñante, que tamén debes andar á cidade pola noite para mellor comprendela, especialmente aquelo que se estreita entre as sete portas que oculta o tempo. Porque deste xeito serache posible recuperar a poesía de Lorca e viaxar entre as luces e as sombras das rúas de pedra, calquera destas noites.
Mira ven e verás unha cidade que se alonga tras o lusco fusco e presta a súa esbelteza marabillosa á escuridade.
Porque na Compostela que durme… a noite tamén se transforma en pedra, provocando sombras xeométricas nas rúas estreitas e luces románticas que nos dan a súa versión dos templos e dos conventos.
As luces de Santiago abren oco entre as arcadas que iluminan o remorso dos edificios e alargan as súas sombras no centro histórico que é Patrimonio da Humanidade.
Mira as rúas máis antigas e verás que se conservan case como foron concibidas.
Esta é unha marabillosa invitación para viaxar ao medievo entre luces e sombras. Desde a Idade Media ata a segunda metade do século XIX, sempre era o tempo quen buscaba a conexión entre as tres rúas principais: a franquicia da Porta Faxeira; a asoportalada rúa do Vilar; e o que os compostelans chaman Rúa Nova; os tres buscan a praza grande, o Obradoiro, onde…
“Tamén a pedra, se hai estrelas, voa. / Na noite biselada e fría/ crecede, xemelgos iris de osadía. /Crecede, erguédevos, Torres de Compostela”
Anoche mis musas se fueron de fiesta por la ciudad universal y me indicaron que me fijara especialmente en la buena sombra, que es la que inspiró a Lorca sus siete poemas gallegos. Por eso comencé la crónica de este domingo con la fotografía literaria de una noche en calma, la que llegó a Santiago después de la tempestad y antes de que hoy se asome otra borrasca que no tiene nombre.
XERARDO RODRÍGUEZ


