$type=slider$snippet=hide$cate=0

LaMontagne & PicoAmperio estrean single e videoclip de “Porque no mundo”

r b tribuna.  LaMontagne & PicoAmperio estrean single e videoclip de “Porque no mundo” Este é o segundo adianto do que será o primeiro d...

rbtribuna. 

LaMontagne & PicoAmperio estrean single e videoclip de “Porque no mundo”


Este é o segundo adianto do que será o primeiro disco da banda, “Algo que sinalar”, que verá a luz o próximo 8 de novembro. O tema xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais e o vídeo na súa canle de Youtube.


Nel, a voz de LaMontagne e os loops de PicoAmperio conseguen unha vez máis que o público se teletransporte a un universo híbrido, único, hipnótico e absolutamente magnético.


LaMontagne & PicoAmperio presentan single e videoclip de “Porque no mundo” o segundo adianto do que será o seu primeiro disco, “Algo que sinalar”, que verá a luz o próximo 8 de novembro. O tema -unha reinterpretación da cantiga de Airas Nunes “Porque no mundo menguou a verdade”-xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais e o vídeo dispoñible na canle de Youtube da banda.

A peza audiovisual, que corre da conta de Trece Amarillo e foi filmada en lugares como Guitiriz, a aldea de Aceredo, Ribadumia, Carboeiro ou Santiago de Compostela, é para LaMontagne & PicoAmperio “similar ao relato dun videoxogo”, contan, “porque está situada nun escenario distópico e conta con elementos de búsqueda, consello e fase final, só que neste caso esa fase final non se supera e a protagonista cae na súa propia desesperación. É moi potente esteticamente”.


Co seu imaxinario electrónico, LaMontagne & PicoAmperio continúan a destruír fronteiras temporais e estilísticas e abrindo novos camiños neste proxecto multiforme a través do hip hop, o abstract ambient, o folclore, melodías suaves ou atmosferas rascadas. Este tema é un adianto do novo disco do dúo, “Algo que sinalar”, que verá a luz o próximo 8 de novembro. “Sentimos orgullo de ter culminado este obxectivo, de dar este paso tan importante nesta aventura. Temos moitas ganas de que o público escoite as cancións e que á xente lle poidan servir dalgún xeito, como nos sirven a nós para navegar nesta realidade”, afirman.


Traxectoria

Dende que LaMontagne  e PicoAmperio comezaron xuntos a súa andaina no 2019 sempre se caracterizaron pola intertextualidade e pola súa conexión entre poesía e música, case hipnótica, concibindo as cancións como “textos completos que existen para descifrar” e tamén como “unha resposta á cultura herdada”. Alí onde se fusionen a vangarda e a tradición atlántica estará sempre seu punto de encontro, sendo capaces de establecer pontes coas literaturas de antano para traelas de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos. Entre os seus recoñecementos destacan o Premio Martín Códax da Música ao mellor proxecto de “músicas urbanas” e o primeiro posto nas listas demoscópicas 2019 de Mondosonoro, que só dan boa mostra de que a súa imparable expansión é unha viaxe sen retorno que xa comezou.



 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,11,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,98,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,52,EL ÚLTIMO PARTE,168,EUGÉNIO EIROA,77,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,328,FOTO DEL DÍA,7,Grande Reportagem,218,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,293,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,405,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,296,
ltr
item
RBTRIBUNA: LaMontagne & PicoAmperio estrean single e videoclip de “Porque no mundo”
LaMontagne & PicoAmperio estrean single e videoclip de “Porque no mundo”
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgT3CHKCsLEbJymCB5DZnK-czzskgrI-ATfAIL8X9rceTkiR8Pzc898KsqutOOl1tCEbbzQeJiCMQWqUBwWU49dX128ZGrEaGZ9MsIIPMoZ4s2Gr_A2ynSt0JBMJapyLfNlTgMBNzFhvgSCuY8YsrC6bfXQpmSSjCadAcdo9rPMd-4ngdNCqN6Il3CS/w640-h424/Captura%20de%20pantalla%202022-10-14%20a%20las%2020.56.05.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgT3CHKCsLEbJymCB5DZnK-czzskgrI-ATfAIL8X9rceTkiR8Pzc898KsqutOOl1tCEbbzQeJiCMQWqUBwWU49dX128ZGrEaGZ9MsIIPMoZ4s2Gr_A2ynSt0JBMJapyLfNlTgMBNzFhvgSCuY8YsrC6bfXQpmSSjCadAcdo9rPMd-4ngdNCqN6Il3CS/s72-w640-c-h424/Captura%20de%20pantalla%202022-10-14%20a%20las%2020.56.05.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2022/10/lamontagne-picoamperio-estrean-single-e.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2022/10/lamontagne-picoamperio-estrean-single-e.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content