$type=slider$snippet=hide$cate=0

Presentan la nueva IXP que ampara a los vinos de las "Terras do Navia"

rb tribuna --- O conselleiro de Facenda e Administración Pública e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participaron hoxe en...


rbtribuna
---
O conselleiro de Facenda e Administración Pública e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participaron hoxe en Navia de Suarna na presentación da nova IXP

A XUNTA DESTACA QUE A INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA DE VIÑOS TERRAS DO NAVIA MELLORA E AMPARA A CALIDADE E PERSONALIDADE DESTE PRODUTO DO AGRO GALEGO
 
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou hoxe na presentación da nova Indicación Xeográfica Protexida (IXP) de viños Terras do Navia, que tivo lugar na localidade luguesa de Navia de Suarna.

No acto, o conselleiro quixo recoñecer o labor dos produtores e viticultores da zona, así como da Asociación para a Defensa das Variedades Autóctonas e do Viñedo da Ribeira do Río Navia -promotores da iniciativa-, aos que trasladou os seus parabéns e desexou toda clase de éxitos no futuro.

Nesta mesma liña, Miguel Corgos puxo tamén en valor a clara vinculación dos viños desta IXP co territorio, algo que -salientou- dá como resultado uns viños con calidade e personalidade propia. Ao tempo, o titular de Facenda e Administración Pública destacou o prestixio e recoñecemento do que goza o sector vitivinícola galego en xeral, dentro e fóra da nosa Comunidade.

Asemade, o conselleiro reafirmou o compromiso da Xunta con este eido en particular e co sector agroalimentario galego en xeral. Como exemplos dese apoio, mencionou iniciativas como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e a futura Lei da calidade alimentaria. Estas liñas de traballo apostan por un sector estratéxico non só para o noso agro senón tamén para o conxunto da economía galega.

Acadadas as 37 figuras de protección


Pola súa banda, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, puxo de relevo que con esta nova certificación de calidade acádanse as 37 figuras de protección para produtos galegos recoñecidas a nivel europeo. Ademais, Cabarcos salientou a calidade destes viños elaborados con variedades tradicionais, tanto de tintos coma de brancos. E fixo fincapé na importancia de contar coa figura de protección que dotará estes viños de maior recoñecemento e promoción fóra das nosas fronteiras.

A xornada de hoxe contou, a maiores, coa mostra de diferentes viños das distintas indicacións xeográficas protexidas de Galicia, que xa suman con esta nova certificación cinco. Así, ademais da de Terras de Navia, trátase das IXP Barbanza e Iria, Betanzos, Ribeiras do Morrazo e Val do Miño Ourense. Ademais, neste acto celebrouse unha cata dos viños propios das Terras de Navia acompañados dun menú degustación de produtos galegos de calidade diferenciada.

A IXP Terras do Navia

A Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia abrangue o concello de Negueira de Muñiz e diferentes parroquias da Fonsagrada e Navia de Suarna. Actualmente conta cunha superficie de catro hectáreas, que está previsto que vaian en aumento. En total, son tres as adegas adscritas a esta zona, que comercializan o seu viño principalmente na veciña Asturias.

Os viños desta IXP elabóranse exclusivamente con uvas das variedades brancas Branco lexítimo, Albariño, Caíño Branco, Godello, Loureira, Treixadura e Torrontés. No que atinxe ás variedades tintas, están permitidas as seguintes: Albarín Tinto, Mencía, Merenzao, Brancellao, Caíño Tinto e Loureiro Tinto. Canto ás propiedades do produto amparado, distínguese por ser un viño fresco e suave en boca, limpo, brillante, con aromas francos nos que se aprecian as características propias da materia prima da que proceden, con gradacións alcohólicas moderadas, con aromas florais e de froitas e, finalmente, con boa e equilibrada acedume.


 

Nombre

ACTUALIDAD,202,AL NORTE DE LA "RAIA",87,AL SUR DE LA "RAIA",46,ARAÚJO MACEIRA,8,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,93,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,54,EL ÚLTIMO PARTE,146,EUGÉNIO EIROA,52,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,314,FOTO DEL DÍA,2,Grande Reportagem,204,HISTORIAS,28,LA VIDA,14,LAS COSAS DE LA VIDA,300,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,372,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,46,RECOMENDAMOS,13,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,2,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,264,
ltr
item
RBTRIBUNA: Presentan la nueva IXP que ampara a los vinos de las "Terras do Navia"
Presentan la nueva IXP que ampara a los vinos de las "Terras do Navia"
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgVz8qCBfMZ4Kt6Dcp2d9ZaGQOwQ3rtrHZd-HQ5Dy21A2-LyTtazeZroTvbRt0ZEygensAFUGgDv7T3rCRcVFvXfXgooWWREZdBXi77a2e3Et9T-jLl6hcY-K-LAx9vw1Yk0pXAPCEeSx_SvAixdmeteFkfwRXTxafabP6dHU7fpSrIoNnv8CqwEGOkVbw/w640-h404/Captura%20de%20pantalla%202023-07-12%20a%20las%200.55.36.png
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgVz8qCBfMZ4Kt6Dcp2d9ZaGQOwQ3rtrHZd-HQ5Dy21A2-LyTtazeZroTvbRt0ZEygensAFUGgDv7T3rCRcVFvXfXgooWWREZdBXi77a2e3Et9T-jLl6hcY-K-LAx9vw1Yk0pXAPCEeSx_SvAixdmeteFkfwRXTxafabP6dHU7fpSrIoNnv8CqwEGOkVbw/s72-w640-c-h404/Captura%20de%20pantalla%202023-07-12%20a%20las%200.55.36.png
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2023/07/presentan-la-nueva-ixp-que-ampara-los.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2023/07/presentan-la-nueva-ixp-que-ampara-los.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content