OS PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2022 RECAEN EN MARICA CAMPO, MARÍA VICTORIA CARBALLO-CALERO, MELANIA CRUZ, MÚSICA EN COMPOSTELA, XOSÉ MANUEL GA...
OS PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2022 RECAEN EN MARICA CAMPO, MARÍA VICTORIA CARBALLO-CALERO, MELANIA CRUZ, MÚSICA EN COMPOSTELA, XOSÉ MANUEL GAYOSO, MANUEL GONZÁLEZ, XACARANDAINA E O PROGRAMA CONCIENCIA
O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.
O Goberno autonómico recoñece un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección cultural de Galicia
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2022 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez.
Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas.
Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a comisaria do Xacobeo 21-22, Cecilia Pereira; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, así como profesionais da cultura de Galicia de recoñecido prestixio como Zaza Ceballos, produtora audiovisual e galardoada nos Premios da Cultura Galega 2021; Elena Pardo, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, e Xosé Eduardo López-Pereira, presidente da Fundación Otero Pedrayo.
Con estes galardóns, a Xunta de Galicia distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.