• A biofábrica de Pontevedra foi a primeira instalación da compañía á que se lle outorgou esta certificación, revalidándoa en 2022 por terceiro ano consecutivo.


As biofábricas de Celulosa de Ence en Pontevedra e Navia e as prantas de xeración de Enerxía Renovable do grupo contan coa certificación “Residuo Cero” que outorga AENOR a aquelas organizacións que levan a cabo unha xestión eficiente dos seus residuos e que son capaces de valorizalos.

Este certificado acredita a valorización, a través da reutilización, a reciclaxe ou mediante a valorización enerxética, dos residuos que se xeran nas prantas, evitando desta maneira o seu traslado a vertedoiros. De igual forma, a rastrexabilidade de todo o proceso, e a constatación dos datos relativos á cantidade das distintas fraccións de residuos.
Isto demostra a xestión eficiente de todas as instalacións do grupo Ence, que evitan que os residuos acaben en entulleiras, e os reintroducen na súa cadea de valor, dándolles unha nova vida.
Así mesmo, a concesión deste certificado apoia a aposta da compañía polo modelo de economía circular, xa que promove unha xestión adecuada dos residuos a través do aproveitamento responsable, eficiente e sostible dos recursos.

A propia actividade da biofábrica de Ence en Pontevedra é un exemplo de contribución á citada economía circular: en todo o proceso de produción da celulosa, a planta produce e opera con materiais reciclables. Ao mesmo tempo, xera enerxía eléctrica renovable a partir da biomasa utilizando para iso a lignina, un compoñente da madeira que constitúe un excelente biocombustible renovable e natural.
Este certificado demostra ao mesmo tempo o firme compromiso da biofábrica de Ence en Pontevedra coa sustentabilidade. Un compromiso que tamén se viu recoñecido desde o ámbito internacional, coa concesión da Distinción Oro da Comisión Europea e a ecoetiqueta Nordic Swan.

Deste xeito, os máis de 5.000 postos de traballo vinculados a Ence Pontevedra contribúen tamén, co seu labor diario, a reducir a intensidade enerxética e a pegada de carbono, así como a avanzar no camiño da transición enerxética.__________

RBTRIBUNA by Eugénio EIROA

Fotografia : Archivo

Generalmente puede ver las imágenes a mayor tamaño y en bastantes casos con mayor calidad, si hace click sobre ellas. Recuerde siempre este consejo).

___________