$type=slider$snippet=hide$cate=0

Maio de letras, 17 de maio...

Todos os anos, cando maio chega ao día 17 do seu calendario, Galicia rende homenaxe aos seus escritores e poetas celebrando o “Día das Letra...



Todos os anos, cando maio chega ao día 17 do seu calendario, Galicia rende homenaxe aos seus escritores e poetas celebrando o “Día das Letras Galegas”, que é en realidade todo un ano dedicado a dar a coñecer a obra e vida dos nosos máis significados homes de letras xa falecidos.

Cada ano réndese homenaxe a un dos homes ou mulleres que fixeron posible o esplendor da nosa literatura. Elíxeo a Real Academia Galega desde hai xa 59 anos. Os tres primeiros distinguidos foron Rosalía de Castro, en 1963, Castelao, no 1964 e o bardo Pondal, en 1965.

A partir de aí, un total de 60 egrexias figuras das letras galegas, -que cumpren este ano mil vintetrés primaveras-, foron recoñecidas polos académicos e pola xente da cultura de Galicia.

Entre outras figuras, a Real Academia Galega rendeu xa tributo a Curros, Noriega Varela, Otero Pedrayo, Cunqueiro, Blanco Amor, Celso Emilio… e ao propio rei Afonso X o Sabio, autor das Cantigas coas que inicia o seu camiño a arte literaria no noso idioma, o galego.

O galego, que non sempre foi ben aceptado, mírase no espello da nosa arte literaria que rexorde na diáspora, cando os galegos vivimos a páxina máis triste da nosa historia, escrita polo éxodo da nosa mellor xente, obrigada a deixar o país pola fame ou pola represión política.

A vida e a obra de moitos dos nosos escritores lémbranos que a moitos deles debemos que permanecese viva a chama da nosa cultura, a máis de dez mil quilómetros de distancia.

Este ano, a Real Academia Galega adica a súa anual homenaxe literaria ao escritor…

FRANCISCO FERNANDEZ DEL RIEGO


PEQUENA BIOGRAFÍA
Nado en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. Estudou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago e Madrid. Rematada a guerra civil trasladouse a Vigo onde participou na creación da Editorial Galaxia. Tamén participou na revista Grial. En 1963 fíxose cargo da Biblioteca Penzol. Autor de numerosas publicacións e promotor de moitas actividades culturais. En 1997 foi nomeado presidente da Real Academia Galega. Recibiu numerosos premios: Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, ou Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo, entre outros. Faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.

Neste maio de letras e cultura rendemoslle o noso mais agarimoso homenaxe.

__________

XERARDO RODRÍGUEZ
www.galiciaunica.es

___________





 

Nombre

ACTUALIDAD,199,AL NORTE DE LA "RAIA",73,AL SUR DE LA "RAIA",42,ARAÚJO MACEIRA,11,AVISOS y ADVERTENCIAS,3,BANDAS de MÚSICA,8,CAJÓN DE SASTRE,98,CONTRAPORTADA,217,DESTAQUES,52,EL ÚLTIMO PARTE,168,EUGÉNIO EIROA,77,EURORREGIÓN,145,FERROVIA,328,FOTO DEL DÍA,7,Grande Reportagem,218,HISTORIAS,26,LA VIDA,9,LAS COSAS DE LA VIDA,293,NO SE LO DIGAS A NADIE,17,PORTADA,405,QUÉ QUIERES QUE TE CUENTE,45,RECOMENDAMOS,12,SUPLEMENTO REVISTA,4,TRIBUNA da TAUROMAQUIA,3,X.RODRIGUEZ,69,XERARDO RODRÍGUEZ,296,
ltr
item
RBTRIBUNA: Maio de letras, 17 de maio...
Maio de letras, 17 de maio...
https://www.galiciaunica.es/wp-content/uploads/2023/04/CABECEIRA-LETRAS-GALEGAS.jpg
RBTRIBUNA
https://www.rbtribuna.com/2023/05/maio-de-letras-17-de-maio.html
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/
https://www.rbtribuna.com/2023/05/maio-de-letras-17-de-maio.html
true
6187483566481878899
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content