Rias Baixas) A viña entra nun período de máxima sensibilidade...
rbtribuna
Fotos : Areeiro
Fotos : Areeiro
Se aconseja click sobre cada foto que quieran ver a mayor tamaño y calidad
A VIÑA ENTRA NUN PERÍODO DE MÁXIMA SENSIBILIDADE AO OÍDIO E AREEIRO RECOMENDA EXTREMAR A VIXILANCIA
O centro dependente da Deputación aconsella, nas zonas do sur da provincia, aplicar un produto rexistrado para o control do cicadelido vector da flavescencia dourada xa que, debido ao incremento das temperaturas, acelerarase o ciclo do insecto
Comeza a incrementarse o número de plantas que manifestan a sintomatoloxía propia das enfermidades da madeira. En canto ao mildio e black rot, Areeiro recomenda manterse moi alerta
A viña entra nun período de máxima sensibilidade ao oídio, tal e como advirte a Estación Fitopatolóxica Areeiro no seu último aviso fitosanitario, polo que o centro dependente da Deputación recomenda extremar a vixilancia. Tamén aconsella, nas zonas sur da provincia, aplicar un produto rexistrado para o control do cicadelido vector da flavescencia dourada xa que, debido ao incremento previsto das temperaturas, acelerarase o ciclo do insecto. Amais, comeza a incrementarse o número de plantas que manifestan a sintomatoloxía propia das enfermidades da madeira e, en canto ao mildio e black rot, Areeiro recomenda manterse moi alerta.
Na revisión realizada esta semana por persoal técnico do centro dependente da Deputación tense atopado unha maior presenza de acios con oídio en todas as comarcas da provincia. Por estes motivos cómpre extremar a vixilancia, tendo en conta amais o período no que se atopa a viña, de máxima sensibilidade, e o incremento previsto das temperaturas e ausencia de choivas, condicións que favorecen as infeccións. Areeiro recomenda realizar labores culturais que faciliten a ventilación da viña e favorezan a exposición dos acios á radiación ultravioleta.
Ademais esta semana téñense incrementado nalgunhas viñas capturas de cicadelidos, aínda que os recontos seguen en niveis baixos para o habitual nestas datas. Sen embargo, Areeiro aconsella, nas zonas sur da provincia, aplicar un insecticida rexistrado para o control do cicadelido vector da flavescencia dourada, Scaphoideus titanus, xa que está previsto que o incremento das temperaturas acelere o ciclo do insecto e cómpre controlalo para evitar a propagación da enfermidade.
Tamén esta semana comezou a incrementarse o número de plantas que manifestan a sintomatoloxía propia das enfermidades da madeira. Sen embargo o tempo seco que se prevé para os vindeiros días non favorece o avance do black rot aínda que cómpre manter a vixilancia e non descoidar as rozas de vexetación do solo, os despuntes, podas en verde e as esfollas para procurar unha viña sen retencións de humidade.
No que respecta ao mildio, as previsións das diferentes axencias meteorolóxicas, permitirán saír da situación de risco elevado no referente á enfermidade. Con todo, Areeiro recomenda manterse moi alerta en viñas que veñen arrastrando infeccións mal controladas, revisar o estado das cepas e renovar os tratamentos en caso de que sigan a aparecer síntomas. Tamén favorecer a ventilación, pois mantendo o viñedo aireado é posible mesmo evitar as intervencións fitosanitarias.
Pataca e outras hortícolas
Finalmente, o centro dependente da Deputación advirte que tras semanas con condicións de humidade elevada, o sol dos vindeiros días provocará unha evaporación da auga do solo que xerará condicións moi favorables ao mildio. Por estes motivos cómpre aplicar tratamento naquelas plantacións que non estean protexidas, sempre respectando o prazo de seguridade dos produtos nas plantes temperás próximas á colleita.