La Xunta muestra sus cartas sobre el Corredor Atlántico que pretende

O encontro, que se celebrará este martes 16 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia, ten como obxectivo dar a coñecer os traballos realizados no marco da Estratexia Loxística de Galicia 2020-2028 impulsada polo Goberno galego

A XUNTA PRESENTA AOS PRESIDENTES E OPERADORES PORTUARIOS A ESTRATEXIA DE INFRAESTRUTURAS LOXÍSTICAS PRIORITARIAS PARA GALICIA NO CORREDOR ATLÁNTICO.
Os presidentes das autoridades portuarias de Vigo, A Coruña e Ferrol participarán no encontro, que presentará a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.
Na xornada abordarase a análise e a planificación das infraestruturas ferroviarias elaborada pola Xunta así como as propostas de estratexia e plan de acción.
Convidarase aos axentes que participen no encontro a realizar achegas ao Plan de acción co fin de elaborar un documento máis completo e representativo.
O obxectivo principal é impulsar o transporte ferroviario de mercadorías entre Galicia e o resto de España, Portugal e a Unión Europea a través do Corredor Atlántico.
Proponse unha rede de infraestruturas eficientes para as mercadorías que permita dar soporte ás necesidades ferroviarias e loxísticas de Galicia, incluíndo a Saída Sur de Vigo e a conexión de tren de Langosteira, no porto da Coruña.
O traballo definirá as actuacións que debe incluír o Plan director do Corredor Atlántico que debe elaborar o Goberno de España para optar aos fondos europeos.


A Xunta presentará este martes aos presidentes e operadores portuarios a estratexia de infraestruturas loxísticas prioritarias para o desenvolvemento do Corredor Atlántico de mercadorías.

O encontro, que se desenvolverá na Cidade da Cultura durante a mañá do día 16 de novembro, ten como obxectivo dar a coñecer os traballos realizados no marco da Estratexia Loxística de Galicia 2020-2028 impulsada polo Goberno galego.

Na xornada, que presentará a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participarán os presidentes das autoridades portuarias de Vigo, A Coruña e Ferrol, ademais de representantes das de Vilagarcía de Arousa e de Marín. Tamén asistirán operadores portuarios, a Confederación de Empresarios de Galicia, o Clúster da Función Loxística de Galicia e representantes das comunidades de Castela e León e de Asturias.

No encontro abordarase a análise e a planificación das infraestruturas prioritarias elaborada pola UTE Teirlog Ingeniería e Iceacsa, adxudicataria do contrato de redacción da Estratexia Loxística de Galicia 2020-2028 que impulsa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade co obxectivo de deseñar as actuacións necesarias para reducir os tempos de transporte das mercadorías e sacar o rendemento do potencial de Galicia como porto da fachada atlántica.

Ademais das infraestruturas loxísticas definidas como prioritarias, tamén se analizará a estratexia futura e o plan de acción proposto, sometendo este documento a reflexión e debate por parte dos distintos axentes, de xeito que se poidan considerar e incluír as achegas trasladadas no documento definitivo.

O obxectivo principal da Xunta é impulsar o transporte ferroviario de mercadorías entre Galicia e o resto de España, Portugal (Eixe Atlántico) e o conxunto da Unión Europea a través do Corredor Atlántico.

Para iso proponse unha rede de infraestruturas eficientes para o transporte en tren das mercadorías que permita dar soporte ás necesidades ferroviarias e loxísticas de Galicia. Incluiranse como estratéxicos para a comunidade os proxectos da Saída Sur de Vigo e da conexión de tren a Langosteira, no porto da Coruña.
A Xunta impulsa a Estratexia Loxística de Galicia 2020-2028 para potenciar as infraestruturas do transporte como factores de calidade de vida e de competitividade e como resposta á defensa conxunta dos intereses do noroeste no Corredor Atlántico de mercadorías europeo, aproveitando a oportunidade única que supón a incorporación da liña ferroviaria Monforte-Ourense-Vigo-A Coruña ao trazado do Corredor Atlántico.

O traballo será unha ferramenta esencial da participación de Galicia no Plan director do Corredor, cuxa elaboración corresponde ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, definindo os proxectos para que o Goberno solicite os fondos europeos cos que modernizar o trazado noroeste do Corredor Atlántico.

Vázquez Mourelle lleva la voz cantante en este decisivo asunto